Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2015 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Alfonso Conde Carreira e outros (PO 314/2015).

A entidade pública empresarial Augas de Galicia recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao abeiro do procedemento ordinario 314/2015 que se segue no dito tribunal, un oficio polo que se comunica a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo interposto por Alfonso Conde Carreira, Eloy Rodríguez Castaño, Ramón López Penas, Francisco Javier García Ares, Jesús Carlín Lago, Gonzalo Manuel Louzao Cajide e Juan Carlos Aboy Constela contra a inactividade da Administración pola inexecución do Acordo do 18 de decembro de 2008, subscrito entre o organismo autónomo Augas de Galicia e as organizacións sindicais con representación no Comité Intercentros CCOO, UGT, CIG e CSI-CSIF.

De conformidade co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, mediante esta resolución publícase que Augas de Galicia acordou a remisión da documentación administrativa solicitada polo órgano xudicial para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento que, deste xeito, son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (PO 314/2015) no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia