Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49733

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Santos

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Faise público que o Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o 22 de decembro de 2015, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vilar de Santos.

De conformidade co previsto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese ao trámite de información pública, durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia de Ourense, o cal se computará a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este acordo implica a suspensión do outorgamento de licenzas nos termos recollidos no dito acordo de aprobación inicial.

O expediente completo poderá ser examinado nas oficinas municipais, e o acordo de aprobación inicial e o documento aprobado, ademais, na páxina web do concello www.vilardesantos.com.

Vilar de Santos, 22 de decembro de 2015

Xoán Xosé Jardón Pedras
Alcalde