Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO do contrato mixto consistente no mantemento dos elementos de impresión e a subministración de novos equipamentos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: contrato mixto consistente no mantemento dos elementos de impresión do Concello de Vilagarcía de Arousa e a subministración de novos equipamentos.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: catro (4) anos improrrogables.

Código CPV: 30120000-6 (fotocopiadoras, máquinas Offset e impresoras), 50313100-3 (servizos de reparación de fotocopiadoras), 50313200-4 (servizos de mantemento de fotocopiadoras), 50313000-2 (mantemento e reparación de máquinas de reprografía).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 126.000,00 €

IVE (21 %): 26.460,00 €

Total (IVE inc.): 152.460,00 €

Valor estimado do contrato:

144.900,00 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa. Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00, fax.: 986 50 34 27, páxina web: http://www.vilagarcia.es . Poderán obter documentos e información ata a data en que finalice o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Lugar: Plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia (LEAL) www.leal.gal . Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si; as indicadas no anexo VIII do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato será por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 25 de novembro de 2015

Alberto Varela Paz
Alcalde