Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO de exposición pública do organigrama administrativo municipal e relación de postos de traballo da Corporación.

O Concello de Carnota, en cumprimento do artigo 202 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, expón ao público o organigrama administrativo municipal e a relación de postos de traballo da Corporación, que aprobou inicialmente o Pleno na sesión extraordinaria do 14.12.2015.

As persoas e as entidades interesadas poden presentar as suxestións e reclamacións que xulguen oportunas no prazo de vinte días soltos contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De non habelas, o acordo entenderase aprobado definitivamente.

O expediente está á disposición do público nas oficinas municipais da Corporación.

Carnota, 21 de decembro de 2015

Ramón Noceda Caamaño
Alcalde