Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2009/0044-0 e dous máis.

Intentada a notificación persoal, e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por este anuncio notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores na orde social.

O texto íntegro das resolucións poderán consultarse nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781, Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido este prazo, teranse por notificadas as actuacións.

Faise saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e os interesados poderán impugnala, perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar nas citadas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinalan, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Empresa

Domicilio

Localidade

Nº de expediente

Data da resolución da dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Mármoles Traseira, S.L.

Polígono Louzaneta-As Areeiras, Lugo

RL 2009/0044-0
36729/2009/2/H

21 de maio de 2015

Artigos 14, 15, 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Táboa 1, anexo I, do Real decreto 614/2001, do 8 de xuño, sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e seguridade dos traballadores.

Artigo 13.10 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

50.000 €

José Antonio Fernández González

León, León

RL 2012/0020-0
38192/2012/4/H

3 de xuño de 2015

Artigo 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Artigo 3 e anexo I A) 1 do Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.

Artigo 13.10 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Sen efecto

Manuel Hermida Rodríguez

Vigo, Pontevedra

RL 2015/0002-0
112922/2014/4/V

4 de xuño de 2015

Artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Artigo 54.4, a) e c), do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

100.000 €