Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Natalia Martínez-Reboredo Ferreiro.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 631/2015 (procedemento abreviado), interposto por Natalia Martínez-Reboredo Ferreiro contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 20 de xaneiro de 2015, da directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, pola que se convoca un proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo nesta fundación, mediante contratación laboral fixa, e noméanse os membros dos tribunais (DOG núm. 56, do 24 de marzo). (Categoría: técnico superior en Criobioloxía).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos