Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Pilar Alfaro Rubio.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra tramítase o recurso 324/2015-G (procedemento abreviado), interposto por María del Pilar Alfaro Rubio contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 16 de setembro de 2015, que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 1 de xuño de 2015 pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de xestión e servizos (categoría: celador).

A recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos