Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servizo de mantemento das instalacións térmicas en diversos centros, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-EIO1-15-008).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: casetas de administración, planta baixa. Sección de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 56 91.

5º. Fax 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIO1-15-008.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento das instalacións térmicas en diversos centros dependentes da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: ver punto 2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 24 mensualidades contadas desde a data de sinatura do contrato ou, se é o caso, desde a data que se estableza nel.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 50720000-8 servizo de reparación e mantemento da calefacción en xeral.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver punto 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 198.676,80 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 110.376 €. Importe total: 133.554,96 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver punto 6.6.2.e) e 6.6.2.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (se o último día de presentación de ofertas coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte).

b) Modalidade de presentación: ver punto 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

2º. Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Edificio Hospital Santa María Nai, planta menos 3, Ramón Puga, 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver punto 5.6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e a hora de apertura dos sobre B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ourense, 19 de novembro de 2015

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras