Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48736

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2015 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional analista informático, grupo I, desta universidade.

Por Resolución reitoral do 27 de novembro de 2013 (DOG do 11 de decembro e BOE do 21 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional analista informático, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 14 de febreiro de 2014 (DOG do 28 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 29 de febreiro, ás 10.00 horas, na aula número 5 da Facultade de Matemáticas, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html .

De non cubrirse a vacante por promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral, na cal se indicarán o día, a hora e o lugar, e que se publicará no DOG e na web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html .

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo dito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela