Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se notifica o acordo de iniciación de oficio do procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia por baixa de todas as especialidades formativas e trámite de audiencia ao interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás entidades que se relacionan no anexo o acordo de iniciación de oficio do procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia por baixa de todas as especialidades formativas e trámite de audiencia ao interesado, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

O prazo para alegar e presentar documentos e xustificacións computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

A competencia para iniciar e resolver o procedemento de baixa correspóndelle ao director xeral de Orientación e Promoción Laboral, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e no artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 110, do 9 de xuño), e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

O artigo 8.1.c), do Decreto 106/2011, establece que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, dos centros e entidades cando se produza a baixa no ficheiro de especialidades formativas de todas as especialidades que teñan inscritas ou acreditadas.

Comprobouse que todas as especialidades que tiñan inscritas/acreditadas as entidades, cos números de censo e códigos de especialidade, que figuran no anexo, causaron baixa no ficheiro de especialidades formativas.

O artigo 75 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón que se acordarán nun só acto todos os trámites que, pola súa natureza, admitan unha impulsión simultánea.

De conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse de manifesto ás interesadas a antedita causa de baixa, e comunícaselles que dispoñen dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Infórmaselles que os expedientes están á súa disposición nas dependencias do Servizo de Planificación da Promoción Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, situadas no Edificio Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

Entidade: Tutormática, S.L.

Número de censo: 36C00135.

Código de especialidade: AO0156, AO0157, AO0158, AO0159, AO0160, AO0252, IN0011, IN0056, TE0254, TE8002 e TE8003.

Entidade: Cesform, S.L.

Número de censo: 36C00727.

Código de especialidade: TL8051.

Entidade: Handem, S.A.

Número de censo: 15C00946.

Código de especialidade: COMV30.

Entidade: Canard Luso, S.L.

Número de censo: 27C00397.

Código de especialidade: XX0273.

Entidade: Centro Dafonte.

Número de censo: 15C01271.

Código de especialidade: ADGZ83, COMC10, COMV20, HOTG20, HOTI10, SSCS10.

Entidade: COETSA.

Número de censo: 32C00137.

Código de especialidade: TE0315, TE0313, TE0213, TE0112, TE0001, IN0054, DE0211, COMV30, CO0756, CO0755, CO0656, CO0411, CI0711, CI0211, AO0159.