1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.
c) Número de expediente: ED-01/16SE.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de seguridade e vixilancia para o Centro de Educación Especial do Pedroso de Santiago de Compostela (A Coruña).
b) División por lotes e número: no.
c) Lugar de execución: no Centro de Educación Especial do Pedroso de Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.
e) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria/anticipada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Prezo: 172.907,38 euros (IVE excluído). IVE: 36.310,55 euros. Importe total: 209.217,93 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación da empresa: grupo M, subgrupo 2, categoría 1, tamén se admitirán as empresas que teñan a clasificación grupo M, subgrupo 2, categoría A .
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 53.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23802.
8. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura dos sobres nº 2 e 3 publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria