O día 30 de outubro de 2015 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro, e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un recurso de alzada perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: P-5/15.
Interesada: Formación Proga, S.L.
DNI/NIF: B94076171.
Último enderezo coñecido: rúa Pintor Laxeiro, 12, Lalín (Pontevedra).
Data da resolución: 27 de outubro de 2015.
Tipificación e precepto infrinxido: artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.
Sanción: apercibimento.