Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente na realización dos traballos de auditoría das contas anuais nas axencias do sector público de Galicia.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA30/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na realización dos traballos de auditoría de contas relativas ás actuacións executadas polas axencias do sector público de Galicia.

c) CPV: 79.212100-4.

d) Prazo de vixencia: o prazo de vixencia do contrato esténdese desde o día da súa sinatura ata o 30.12.2016. Poderá prorrogarse por outro período igual ao do período inicial.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterio de adxudicación avaliable mediante a aplicación de fórmulas:

– Oferta económica: ata 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado: douscentos dous mil setecentos euros (202.700,00 €).

b) Prezo: cento un mil trescentos cincuenta euros (101.350,00 €), IVE excluído.

c) IVE: vinte e un mil douscentos oitenta e tres euros con cincuenta céntimos (21.283,50 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23791

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas epígrafes F e G da folla de especificacións.

b) Concreción das condicións de solvencia. Adscrición de medios: segundo o establecido na epígrafe H da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na Oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación das proposicións farase pública no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23791

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda