1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número do expediente: 2015-SUSE 03–PL.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23169
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.
b) Descrición: subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de carburantes para vehículos e do servizo de telepeaxe e pagamento en autoestradas e lavado en máquinas de autolavado para os vehículos dos parques móbiles centrais e sectoriais da Xunta de Galicia.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.
d) CPV: 09132100-4 Gasolina sen chumbo, 09134100-8 Gasóleo e 50112300-6 Servizos de lavado de automóbiles e similares.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: 7 de setembro de 2015, BOE: 26 de agosto de 2015 e DOUE: 12 de agosto de 2015.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 21.027.847,72 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 8.087.633,74 €.
Importe total: 9.786.036,83 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 29 de outubro de 2015.
b) Data da formalización do contrato: 20 de novembro de 2015.
c) Contratista: Solred, S.A.
d) Importe de adxudicación:
Importe neto: 8.087.633,74 €.
Importe total: 9.786.036,83 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza