Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a ampliación do prazo de presentación de proposicións para a contratación do servizo de cafetaría do Hospital Marítimo de Oza, do Hospital Abente y Lago e do Centro do Ventorrillo (expediente AB-EIC1-15-005).

En relación coa convocatoria publicada no DOG número 237, do 14 de decembro de 2015, pola que se anunciou a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de cafetaría do Hospital Marítimo de Oza, do Hospital Abente y Lago e do Centro do Ventorrillo, dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (expediente AB-EIC1-15-005), e tendo en conta a complexidade técnica do expediente e que o prazo inicialmente outorgado foi, por erro, o mínimo para as publicacións no Diario Oficial de Galicia, acórdase que o prazo de presentación de proposicións se amplíe ata o día 25 de xaneiro de 2016.

O resto dos aspectos detallados no anuncio inicial permanecen inalterados.

Os pregos correspondentes a este expediente están dispoñibles no perfil de contratante (www.sergas.es).

A Coruña, 17 de decembro de 2015

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña