Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de tubos de extracción de sangue por baleiro con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.

2º. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, 2, 1ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensión 292 125) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7.º Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: MI-EIC1-15-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración sucesiva de tubos de extracción de sangue por baleiro con destino ás estruturas organizativas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes: si, 9 lotes.

d) Lugar de entrega/execución: ver punto 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 mensualidades desde a formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV: 3314000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

a) 3.924.074,54 € (tres millóns novecentos vinte e catro mil setenta e catro euros con cincuenta e catro céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.635.031,06 € (un millón seiscentos trinta e cinco mil trinta e un euros con seis céntimos).

b) Importe total: 1.978.387,66 € (un millón novecentos setenta e oito mil trescentos oitenta e sete euros con sesenta e seis céntimos).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do orzamento de licitación do lote adxudicado, IVE non incluido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia:

– Solvencia económica e financeira: ver punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Solvencia técnica e profesional: ver punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28.1.2016.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: ver punto 5.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de sesións do Hospital Abente y Lago, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de realización da apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7.12.2015.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos