En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, fáise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de setembro de 2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obras.
b) Descrición: obras de rehabilitación e acondicionamento da nave lateral do mosteiro de San Clodio para spa-viñoterapia en Leiro (Ourense).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 994.767,91 €, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 9 de decembro de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 11 de decembro de 2015.
c) Adxudicataria: S.A. de Obras y Servicios Copasa.
d) Importe de adxudicación: 770.000,00 €, IVE excluído (importe máximo de adxudicación).
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia