Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 9 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se notifica a varias persoas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado o pagamento.

Po medio da presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non foron atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que :

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional vixésimo segunda do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 982 41 77 67.

De conformidade co disposto no artigo 59,5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), notifícanse as persoas que se relacionan, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común expido, asino e selo esta cédula.

Monforte de Lemos, 9 de novembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Rodríguez Vázquez Tomás

034140023L

Fernández Martínez Andrés

Lolo López María Soledad

076603590C

Tinov Angelov Ángel

007182169M