Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48189

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (EPA 134/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución parcial 134/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Bustelo Fraga contra Limpiezas Secope, S.A., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Miguel Ángel Bustelo Fraga presentou demanda de execución contra Limpiezas Secope, S.A., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Segundo. Foi ditado auto despachando execución na data do 26.5.2015 por un total de 5.655,03 euros en concepto de principal como importe de indemnización, e a cantidade de 565,50 euros de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas non se obtivo ningunha cantidade. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial despois do resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Cuarto. A parte executante presenta escrito solicitando a declaración de insolvencia da executada.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer embargo, practicaranse as indagacións procedentes e, se foren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia despois de oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Limpiezas Secope, S.A., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) en situación de insolvencia total polo importe de 5.655,03 euros en concepto de principal como importe de indemnización, e a cantidade de 565,50 euros de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación da resolución, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., indicando no campo concepto «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

A secretaria xudicial