Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48192

V. Administración de xustiza

Xuzgado de Primeira Instancia número 56 de Madrid

EDICTO (187/2015).

Eu, María Ángeles Muñoz Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 56 de Madrid, fago saber que no expediente de declaración de herdeiros ab intestato seguido neste xulgado co número 187/2015 polo falecemento sen testar de Beatriz Pita Blanco, ocorrido en Madrid o día 21.10.2003, promovido por María Pamela Pita Wonemburger Silvar, Xavier Pita Wonemburger, Carlos Pita Wonemburger, Luisa Saturnina Pita Martínez, María Berenice Pita Martínez, Luis Antonio Pita Martínez, María Pita Wonemburger Silvar, Juan José Cacho Pita e Mercedes Cacho Pita, parentes en terceiro e cuarto grao da causante, se acordou, por resolución desta data, chamar os que se crean con igual ou mellor dereito á herdanza que os que a solicitan, para que comparezan no xulgado a reclamar dentro de trinta días a partir da publicación deste edicto, apercibíndoos de que, de non o verificar, recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Madrid, 28 de setembro de 2015

A secretaria xudicial