Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar as resolucións de cancelación de inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación personal aos interesados (expediente OU-2011/00075 e dous máis).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por non ser posible a notificación personal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditaron resolucións de cancelación das inscricións no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 25 de novembro de 2015

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesado

NIF/equivalente

OU-2011/00075

Nubia María dos Santos

CW549328

OU-2011/00324

José Soto Vázquez

34254407R

OU-2012/00311

Mariela Altagracia Noboa Melo

MD0323786