Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48187

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (344/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 344/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Cruz Varela Fuentes contra Bergondo Trucks, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza:

Na Coruña o 27 de novembro de 2015.

María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 344/2013, nos cales son parte, dun lado, como demandante, María Cruz Varela Fuentes, asistida polo graduado social, Sr. Barros Rodríguez, e, doutro, como demandada, a empresa Bergondo Trucks, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece sobre reclamación de cantidade pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Resolución:

Estimo a demanda formulada por María Cruz Varela Fuentes contra Bergondo Trucks, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa Bergondo Trucks, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 6.817,64 euros, máis o 10 % en concepto de xuros moratorios.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Bergondo Trucks, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de novembro de 2015

A secretaria xudicial