Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente de clasificación 1/2015 e tres máis.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 30 de novembro de 2015 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia de José Ramón Losada Fernández, e coa asistencia dos vogais Ramón Rozadillas Valverde, José Antonio Rojo Fernández, Luis A. Casais Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou as resolucións de clasificación como veciñais en man común os seguintes montes:

– Expediente número 1/2015.

Nome: A Somoza (ampliación).

Pertenza: veciños/as do lugar da Somoza.

Parroquia: Santa Cristina de Areas.

Concello: Antas de Ulla.

Superficie: 11,05 hectáreas

Estremas da zona de ampliación (parcelas 517 e 405 do polígono 8):

Norte: parcelas 9001 (camiño), 404, 403 e 402 do polígono 8.

Leste: parcelas 361 e 518 do polígono 8.

Sur: provincia de Pontevedra.

Oeste: provincia de Pontevedra.

Tras esta ampliación, o monte queda cunha superficie de 33,81 hectáreas.

– Expediente número 2/2015.

Nome: Penaboa (ampliación).

Pertenza: veciños/as do lugar de Penaboa.

Parroquia: Furco.

Concello: Carballedo.

Superficie: 14,55 hectáreas.

Estremas:

Norte: parcela 97 do polígono 148 (concello de Chantada).

Leste: parcelas 35, 36, 50, 9, 8, 7, 6, 5, 11, 22 e 23 do polígono 1.

Sur: parcelas 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 do polígono 1.

Oeste: parcela 1 do polígono 1 (MVMC de Penaboa).

Enclaves: parcelas 2, 3 e 4 do polígono 1.

Tras esta ampliación, o monte queda cunha superficie total de 41,59 hectáreas

–Expediente número 3/2015.

Nome: Vilar de Cucos (ampliación).

Pertenza: veciños/as do lugar de Vilar de Cucos.

Parroquia: Vilasante.

Concello: Cervantes.

Superficie: 61,75 hectáreas.

Estremas:

Norte: polígono 128, parcelas 1, 4, 5, 14 e 6.

Leste: polígono 128, parcela 7; polígono 127, parcelas 9007 (camiño), 9015 (camiño), 9009 (camiño), 175, 176, 9013, 314, 260, 259, 258, 257, 256, 255, 262, 263, 264, 265, 266, 267, 268, 269, 282 e 9016 (estrada de Teixeira).

Sur: polígono 127, parcela 261.

Oeste: polígono 128, parcelas 7 e 8.

Tras esta ampliación, o monte queda cunha superficie total de 163,64 hectáreas.

– Expediente número 4/2015.

Nome: Mariz (ampliación).

Pertenza: veciños/as da parroquia de Mariz.

Parroquia: Mariz.

Concello: Guitiriz.

Superficie: 47,16 hectáreas.

Estremas:

– Peza 1.

Norte: polígono 278, parcelas 459, 465, 466, 467, 469, 470, 471 e 472.

Leste: polígono 278, parcela 570.

Sur: polígono 278, parcelas 439, 438, 435, 434, 433, 432, 430 e 441.

Oeste: polígono 278, parcela 449.

– Peza 2.

Norte: polígono 278, parcelas 441, 430, 431, 432, 433, 584, 438, 440, 570, 569, 574 e 576.

Leste: polígono 263, pacela 131; polígono 278, parcelas 73, 72, 76, 77, 78, 79, 80, 85, 87 e 96; polígono 276, parcela 10.

Sur: polígono 276, parcelas 9004 (camiño) e 70; polígono 278, parcela 9024 (camiño).

Oeste: polígono 278, parcelas 9024 (camiño), 193, 194, 196, 197, 204, 207, 424, 9022 (camiño), 386 e 580.

Enclaves: polígono 278, parcelas 107, 108, 106, 114, 115, 116 e 117.

– Peza 3.

Norte: polígono 263, parcela 207 e 9037 (estrada CP 2246).

Leste: polígono 263, parcelas 9024 (camiño) e 268.

Sur: polígono 263, parcela 9023 e 9024 (camiños).

Oeste: polígono 263, parcela 535.

Contra estas resolucións, desde a súa notificación ou publicación, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 3 de decembro de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo