1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de cinco (5) avións con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2016 e 2017, proposta 78/15-I.
c) División por lotes e número: non.
d) Prazo de execución: a execución do contrato desenvolverase nas anualidades 2016 e 2017 (precampañas e campañas), de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV: 60442000-8.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto suxeito a regulación harmonizada.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).
4. Orzamento de licitación.
Importe total: 2.132.728,56 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
Valor estimado: 5.433.297,12 € (incluídas posibles prorrogas e ampliacións).
5. Financiamento: fondos propios.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as alíneas J e K da folla de especificacións (admítese a clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría 5 para acreditar a solvencia).
7. Garantía exixida: definitiva: 106.636,43 € (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE).
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 8 de xaneiro de 2016, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23631.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: o 9 de xaneiro de 2016.
b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico.
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 20 de xaneiro de 2016.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
12. Outras informacións: establécese como condición especial de execución que con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista dispoña das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no apartado 12 do PPT.
13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de decembro de 2015.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural