Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 334/2015, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra o Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu o 1 de decembro de 2015 da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección Primeira) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se require a remisión do expediente relativo á disposición regulamentaria antes indicada, por mor do recurso contencioso-administrativo interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra o Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2015

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade