Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 700/2014).

Despedimento obxectivo individual (DOI) 700/2014

Sobre: despedimento

Demandante: Lucas Méndez Fernández

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Lombardía Rodríguez, Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Ramón Juega Cuesta, Sotegal de Enerxías, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 700/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucas Méndez Fernández contra Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Esinor Sistema, S.L.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Manuel Lombardía Rodríguez, Manuel Vázquez Cabo, Pocomaco Inversiones, S.A.U., Ramón Juega Cuesta, Sotegal de Enerxías, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou auto de aclaracion cuxa parte dispositiva é do teor literal:

«Parte dispositiva:

Procede aclarar o auto de data 16 de novembro de 2015 no sentido seguinte:

Onde di:

“– Condeno os demandados Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U., Pocomaco Inversiones, S.A.U., Galega de Técnicas e Investimentos, S.L., Sotegal Enerxía, S.L., Manuel Vázquez Cabo e Manuel Lombardía Rodríguez solidariamente a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día) ou ben, á elección do traballador, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 42.099,75 euros en concepto de indemnización, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día).

A dita opción deberá exercela o traballador, dada a súa condición de delegado de persoal, en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

– Debo condenar e condeno a Administración concursal da entidade Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U. a estar e pasar por esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal da citada empresa.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET”.

Debe dicir:

“– Condeno os demandados solidariamente a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día) ou ben, á elección do traballador, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 42.099,75 euros en concepto de indemnización, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 72,90 €/día).

A dita opción deberá exercela o traballador, dada a súa condición de delegado de persoal, en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

– Debo condenar e condeno a Administración concursal da entidade Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U. a estar e pasar por esta declaración, unicamente na súa condición de administración concursal da citada empresa.

– Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET”.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo. Carolina Nores Díaz, maxistrada en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pocomaco Inversiones, S.A.U. e a Manuel Lombardía Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

A secretaria xudicial