Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario en varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 3 de xullo de 2015.

Referencia: 12-48-14-C-1.

Obxecto: ocupación de edificación no dominio público portuario para sede.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Cruz Vermella Española.

Prazo: ata o 10 de xullo de 2020.

Taxas: exenta pola aplicación do artigo 40.k) da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Resolución: 9 de setembro de 2015.

Referencia: 12-47-14-C-1.

Obxecto: construción e explotación de depuradora de mariscos.

Porto: Castiñeiras (Ribeira).

Concesionario: Triñanes e Pego, S.L.

Prazo: ata o 11 de setembro de 2030.

Taxas: 362,18 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación.

– Resolución: 23 de setembro de 2015.

Referencia: 12-38-13-C-1.

Obxecto: explotación de fábrica de xeo, cámaras frigoríficas e zona de lavado de caixas.

Porto: Muros.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Muros.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 5.125,69 € en concepto de TODP e o 1 % do importe anual da cifra neta de negocios das actividades desenvolvidas na instalación.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia