Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de manutención para o persoal do PAC de Vigo, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, documentalmente simplificada (expediente AB-EIV1-15-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33/38.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de manutención (xantares e ceas) para o persoal do PAC de Vigo, situado actualmente na rúa Bolivia e na rúa Ponteareas.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 55300000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

75 puntos

Oferta técnica

25 puntos

4. Valor estimado do contrato: 156.665,14 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto 78.332,57 €, IVE (10 %): 7.833,26 €. Importe total: 86.165,83 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Se o último día de presentación das solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusulas 3.4 do prego de cláusulas administrativas.

Vigo, 10 de novembro de 2015

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo