Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de decembro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/116/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidad Urbanística acordou, o 3 de novembro de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidad urbanística LUG/116/2015-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sin a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación dunha caseta prefabricada tipo obra con dúas portas, unha delas con escaleiras, e que ten colocadas reixas e cortinas nas ventás, situada no lugar de Naseiro, no termo municipal de Viveiro, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo aos herdeiros de Francisco Diez Trigo, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Bolelín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentaren as alegacións, documentos ou informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretendan valer.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística