Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de decembro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/56/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar imposible a notificación.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 23 de outubro de 2015, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade a César Dávila Meilán, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Camaxiñas, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a César Dávila Meilán, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística