Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 27 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica ás persoas interesadas a resolución de desistencia-arquivamento da solicitude de cambio de réxime de compravenda a alugamento, en relación coa vivenda de promoción pública de protección oficial identificada co expediente PO-83/440, conta 112.

De conformidade cos artigos 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución de desistencia-arquivamento da solicitude de cambio de réxime de compravenda a alugamento, en relación coa vivenda de promoción pública de protección oficial identificada co expediente PO-83/440, conta 112. A eficacia queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 27 de novembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de construción: PO-83/440, conta 112.

Adxudicatarios: Eugenia Diéguez Freijedo e Manuel Ángel Fernández Vas.

Enderezo: Avenida de Galicia, núm. 69, bloque 14, 2º E, Vigo, Pontevedra.

Asunto: notificación resolución desistencia-arquivamento.

Indicación do contido: o 27.9.2013, núm. 6967, tivo entrada no Rexistro da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, solicitude de cambio de réxime de compravenda a alugamento de Manuel Ángel Fernández Vas, DNI 36053181-Z. Para darlle trámite ao procedemento de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, requiríuselle a documentación por última vez o 19.2.2015, e as notificacións foron recibidas polos interesados o 5.3.2015.

Transcorrido o prazo concedido para se achegaren os documentos sinalados, e ante o seu incumprimento, visto que ata o momento non consta a recepción da documentación requirida, este organismo declara concluído o procedemento.

Polo tanto, no uso das facultades que lle están conferidas, producida a renuncia, resolve declarar concluído o procedemento, de conformidade co disposto no artigo 91.2 da Lei 30/1992, e, en consecuencia, arquivar a solicitude de cambio de réxime de compravenda a alugamento da vivenda correspondente ao expediente PO-83/440 e conta de facturación 112.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante esta xefatura territorial ou ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que considere oportuno.