Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación Empresarial Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago en Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta secretaría xeral foron depositados os estatutos da Asociación Empresarial Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago en Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á dita asociación as empresas no sentido laboral, con traballadores ao seu cargo, que se dediquen á actividade da industria da hospedaxe en calquera das súas categorías, descritas no artigo 4 dos estatutos.

Asinan a acta de constitución: Marcos Carril Carrillo, en representación de Hotel Restaurante O Pino, S.L.; Ángel Francisco Sánchez Ouro, en representación de Paypi, C.B.; Manuel Oreiro Romar, en representación de Hoteles Encantados, S.L.; Juan José Maril Pardo, en representación de Hostal Residencia México, S.L.; José Manuel Otero Romar, en representación de Pousadas de Compostela, S.L.; e Alejandro Sande Lamas, en representación de Praza San Miguel, S.L.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego