Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración sucesiva de sistemas para bombas volumétricas e de xiringa (expediente MS-EIV1-15-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de sistemas para bombas volumétricas e de xiringa.

c) Lotes: si, 2 lotes.

d) CPV: 33194110.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 28.3.2015, 31.3.2015 e 10.4.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.059.493,44 €.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 441.455,60 €, IVE (21 %): 92.705,68 €. Importe total: 534.161,28 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7.8.2015.

b) Data de formalización do contrato: 1.11.2015.

c) Contratista: Fresenius Kabi España, S.A.U.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 357.331,63 €, IVE incluído.

Lote 2: 70.770,48 €, IVE incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente mais vantaxosa.

Vigo, 6 de novembro de 2015

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo