Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de novembro de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no procedemento de renuncia á adxudicación dunha vivenda de promoción pública (expediente C-82/010, conta 127).

Logo de intentar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será a sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no BOE. Para os efectos do cómputo dese prazo, a eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 27 de novembro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: C-82/010, conta 127.

Nome e apelidos: Malkit Singh e Kaur Kulwinder.

Último enderezo coñecido: Fonte do Piñeiro, bl. 22, P-11 F, 2º D, Ferrol.

Acto notificado: resolución de aceptación de renuncia.