Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 30 de novembro de 2015 sobre notificación de resolución de reintegro de subvención relativo ao expediente 52/32/2011/890.055.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser realizada no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a Rudesindo Cid Fernández (NIF *****393Q) nos intentos efectuados no seu enderezo, comunicámoslle que o 3 de novembro de 2015 se resolveu declarar o reintegro da subvención indebidamente percibida no expediente 52/32/2011/890.055 pola cantidade de 987,86 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca, núm. ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 y 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a entidade interesada interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Unha vez esgotado o prazo voluntario de ingreso sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

O expediente encóntrase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

O/A director/a do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Art. 12.2 Lei 16/2010, do 17 de decembro)
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias