Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47928

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre o estudo de detalle para a rehabilitación de fachada en bloques de vivendas na rúa Carlos Maside.

A Xunta de Goberno Local da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de novembro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a rehabilitación de fachadas na rúa Carlos Maside, segundo o proxecto presentado con data do 20 de outubro de 2015 por Jesusa Tojo Botana, en representación da Comunidade de Propietarios do edificio nº 6 da citada rúa.

En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.2 da LOUG, o expediente someterase a información pública durante o prazo de vinte días, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación persoal a todos os propietarios dos inmobles afectados segundo Catastro.

De conformidade co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2015

P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade