Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xermade

ANUNCIO de ampliación do prazo de información pública da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Xermade, polo Pleno do 28 de setembro de 2015, conforme o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, someteuse a información pública por prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular as alegacións pertinentes.

Publicado o anuncio nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia do 2 de outubro, e no DOG núm. 202, do 22 de outubro de 2015, a partir desa data iniciouse o período de dous meses de exposición pública.

O Concello Pleno, por unanimidade, o 10 de decembro de 2015,

acordou:

Primeiro. Prorrogar por un mes o período de exposición pública de dous meses para alegacións previsto no artigo 85.2 da Lei 9/2002 cos mesmos efectos. O prazo comezará a partir da data de publicación do anuncio no DOG.

Xermade, 11 de decembro de 2015

Roberto García Pernas
Alcalde