Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47683

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de bancos e marquesiñas para mobiliario urbano, no marco da cooperación cos concellos e entidades locais da provincia durante o ano 2016.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de bancos e marquesiñas para mobiliario urbano, no marco da cooperación cos concellos e entidades locais da provincia durante o ano 2016, cun tipo de licitación de 50.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). Correspóndelle ao gasto en bancos a cantidade de 32.000,00 (IVE e demais tributos incluídos) e ao gasto en marquesiñas, a cantidade de 18.000,00 €. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono
988 38 52 02 e fax 988 38 51 84, ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia da Deputación, no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 2 de decembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense