Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47507

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de decembro de 2015, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do departamento.

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de decembro de 2015, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de decembro de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.