Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47509

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de decembro de 2015, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, derivada da creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e da creación da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, derivada da creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e da creación da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 10 de decembro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, derivada da creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e da creación da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir da data de posta en funcionamento efectivo das axencias.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de decembro de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, derivada da creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e da creación da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file