Mediante Orde do 16 de xullo de 2015 (DOG nº 143, do 30 de xullo) a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convocou unha liña de subvencións para o ano 2015, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, de equipamentos de emerxencias, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 6, números 2 e 3, da referida orde,
RESOLVO:
Primeiro. Adxudicar con cargo á aplicación 05.25.212A.624.0, código de proxecto 2015 00132, programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 53 «Protección de riscos», os equipamentos de emerxencia relacionados no anexo.
Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír material non adxudicado, por posibles renuncias ou por nova adquisición. Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación. En todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.
Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 8.2.d) da Orde do 16 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2015 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.
Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, a acta de cesión do equipamento concedido realizarase no prazo estimado de tres meses contados desde a data de recepción daquela. Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega dos equipamentos previstos nos correspondentes contratos derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, número 2015-SUEI 09-10/EM (número de referencia contable 2015/05/786), por importe de 884.730,00 euros, publicado no DOUE do 12 de xuño de 2015.
Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015
P.D. (Orde do 16.7.2015)
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
NIF |
Concellos, mancomunidades ou agrupacións de concellos |
Equipamento de emerxencias adxudicado |
P1501100J |
Boiro |
Remolque emerxencias |
P1504200E |
Laracha, A |
Todoterreo pick-up |
P1504100G |
Laxe |
Todoterreo pick-up |
P1504400A |
Malpica de Bergantiños |
Todoterreo pick-up |
P1505300B |
Muxía |
Remolque de emerxencias |
P1506600D |
Padrón |
Todoterreo pick-up |
P1506900H |
Ponteceso |
Todoterreo pick-up |
P1507000F |
Pontedeume |
Todoterreo pick-up |
P1507100D |
Pontes de García Rodríguez, As |
Remolque emerxencias |
P1508900F |
Val do Dubra |
Todoterreo pick-up |
P2706800F |
Burela |
Todoterreo pick-up |
P2701700C |
Folgoso do Courel |
Todoterreo pick-up |
P2701800A |
Fonsagrada, A |
Todoterreo pick-up |
P2701900I |
Foz |
Todoterreo pick-up |
P2702200C |
Guitiriz |
Todoterreo pick-up |
P2705000D |
Quiroga |
Todoterreo pick-up |
P2705700I |
Sarria |
Todoterreo pick-up |
P2706500B |
Vilalba |
Remolque emerxencias |
P3200500A |
Avión |
Todoterreo pick-up |
P3201000A |
Barco de Valdeorras, O |
Todoterreo pick-up |
P3202000J |
Carballiño, O |
Remolque emerxencias |
P3204000H |
Laza, agrupación de concellos |
Remolque emerxencias |
P3204900I |
Mezquita, A |
Todoterreo pick-up |
P3208600A |
Verín |
Remolque emerxencias |
P3208700I |
Viana do Bolo |
Todoterreo pick-up |
P3203300C |
Xinzo de Limia |
Remolque emerxencias |
P3600200D |
Barro |
Todoterreo pick-up |
P3600800A |
Cangas |
Remolque emerxencias |
P3602200B |
Grove, O |
Todoterreo pick-up |
P3602300J |
Guarda, A |
Todoterreo pick-up |
P3604400F |
Pontecesures |
Todoterreo pick-up |
P8605705F |
Mancomunidade do Val Miñor |
Remolque emerxencias |