Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da concesión de axudas ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro no eido da cultura.

No BOP de Lugo número 284 do día 11 de decembro de 2015, publicáronse as bases xerais polas cales se regula a concesión de axudas ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da cultura (Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua), aprobadas por Acordo número 17/836, da Xunta de Goberno Local, do 9 de decembro de 2015.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Lugo, 11 de decembro de 2015

P.D. (Decreto 15010037, do 7.12.2015)
Carmen Basadre Vázquez
Tenente de alcalde delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude
e Promoción da Lingua