Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47483

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases xerais que regulan a concesión de axudas ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da xuventude.

No BOP de Lugo número 284 do día 11 de decembro de 2015, publicáronse as bases xerais polas cales se regula a concesión de axudas ás asociacións culturais e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido da xuventude (Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua), aprobadas por Acordo número 18/837, da Xunta de Goberno Local, do 9 de decembro de 2015.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Lugo, 11 de decembro de 2015

P.D. ( Decreto 15010037, do 7.12.2015)
Carmen Basadre Vázquez
Tenente de alcalde delegada da Área de Cultura, Turismo, Xuventude
e Promoción da Lingua