Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: adecuación LMT 20 kV MOF805 Sober.
Situación: concello de Sober.
Características técnicas:
Instalación dun apoio tipo CH-15/1000 na liña de media tensión MOF805, entre a derivación ao centro de transformación Campelo e a derivación ao centro de transformador Campo Rairo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 24 de novembro de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo