Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2015/77-2, 8271 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Castrillón.

Situación: concello de Pantón.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio nº 92-6B da liña de media tensión MOF808 e final no centro de transformación intemperie proxectado Castrillón (27C369) cunha lonxitude de 789 metros en condutor tipo LA-56.

2. Centro de transformación intemperie Castrillón, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea con orixe no centro de transformación proxectado e final na rede de baixa tensión existente, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 24 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo