Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47052

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 11 de decembro de 2015 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará o persoal da empresa Acciona Facility Services, S.A. asignado aos servizos de limpeza de determinados centros adscritos á estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo e que se desenvolverá desde o 16 de decembro de 2015.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros e conselleiras competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

As organizacións sindicais CIG e CC.OO. comunicaron a convocatoria dunha folga que afectará o persoal da empresa Acciona Facility Services, S.A. asignado aos servizos de limpeza de determinados centros adscritos á estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo. A folga desenvolverase desde as 7.00 horas do día 16 de decembro con carácter indefinido.

Unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A convocatoria de folga referida deberá entenderse condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen na presente orde.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga coa atención os usuarios e a protección da saúde.

Os criterios reitores que se toman como base para determinar os servizos mínimos son os seguintes:

– Días laborables:

I. Urxencias, laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reaminación poscirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise: o 100 % do persoal.

II. Radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización: 70 % do persoal habitual.

III. Restantes áreas: 50 % do persoal habitual.

Nas áreas a que aluden os puntos II e III poderanse ampliar os efectivos de servizos mínimos, sempre que se xustifique que resulta estritamente necesario para evitar riscos para a saúde.

– Días festivos e domingos:

En todas as áreas: 100 % dos efectivos de domingos e festivos.

Tomando en consideración o manifestado no acto de audiencia ao comité de folga, no anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 2

A determinación dos/as profesionais necesarios faraa a sociedade e empresa afectadas coordinadamente coa Xerencia de Xestión Integrada e deberá estar suficientemente motivada. A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos e debe exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento dos/as destinatarios/as. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as prestacións mínimas.

Os/as profesionais necesarios para a cobertura dos servizos mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios con antelación á data de folga.

Artigo 3

A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos será realizada pola empresa e notificada aos profesionais designados.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro profesional que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 4

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 5

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 6

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Efectivos de servizos mínimos

Luns a venres*

* A unidade (1) equivale a un efectivo a xornada completa.

• Hospital Álvaro Cunqueiro.

Mañá

Tarde

Noite

Urxencias

4

3

1

Laboratorio de urxencias

-

1

-

Radiodiagnóstico urxencias

-

1

-

UCI (3)

2

2

-

Área cirúrxica

4

3,5

-

Reanimación poscirúrxica

2

2

-

Reanimación cardíaca

1

1

-

Oncoloxía radioterápica

1

1

-

Hospital de día

-

1,5

-

Diálise

1

1

-

Radioloxía intervencionista

-

0,35

-

Esterilización

-

0,35

-

Hospitalización

16,8

2,1

-

Resto áreas

8,5

10

2,5

• Hospital Nicolás Peña.

Mañá

Tarde

-

1,5

• Hospital Rebullón.

Mañá

Tarde

Noite

Hospitalización

2,45

1,75

0,7

Resto áreas

1,5

0,25

-

• Centro de Especialidades A Dobrada.

Mañá

Tarde

Raios

-

0,35

Consultas

0,5

0,25

• Unidade Cancro de Mama.

Mañá

Tarde

-

0,1

• Hospital Anexo II Xeral.

Mañá

Tarde

FIV

0,5

0,35

Laboratorios

0,5

1

COF

-

0,25

Rehabilitación

-

0,21

Resto áreas

1

1

– Sábados (todas as áreas): 100 % dos efectivos habituais.

– Domingos e festivos (todas as áreas): 100 % dos efectivos habituais.