Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 47022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 10 de decembro de 2015 sobre a comunicación de beneficiarios na concesión do tramo básico da axuda temporal excepcional para compensar as dificultades económicas no sector produtor de vacún de leite na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Real decreto 1077/2015, do 27 de novembro, polo que se establece a concesión directa dunha axuda temporal excepcional para compensar as dificultades económicas do sector produtor vacún de leite, determina no seu artigo 3 que serán as autoridades competentes das comunidades autónomas as que informarán os beneficiarios da contía do tramo básico da citada axuda, de acordo coa información sobre as entregas ofrecida polo Fondo Español de Garantía Agraria, tras comprobar que son titulares de explotacións inscritas no Rega, de acordo co establecido na letra a) do número 1 do artigo 2 de devandito real decreto.

Sendo unha axuda directa, concédese, sen necesidade de solicitude expresa, aos produtores que presentaron a súa solicitude única en 2015 aos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axudas prevista no Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e o control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 2 do Real decreto 1077/2015, do 27 de novembro, sinalado.

Para tal efecto e de conformidade co previsto na normativa citada, procédese a informar que a relación de beneficiarios e a contía desta axuda se pode consultar na sede electrónica do Fondo Galego de Garantía Agraria: http://mediorural.xunta.es/fogga/.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015

(Resolución do 9.11.2015)
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias