Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2015/299-1).

Expediente: IN407A 2015/299-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CT Pía de Ombre.

Concello: Pontedeume.

Características técnicas:

Reforma liña eléctrica de media tensión aérea EUM-703, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,138 km, coa orixe en apoio nº 65/62 existente da LMT EUM-703, condutor tipo LA-56 mm2 e final no novo CT intemperie Pía de Ombre (proxectado).

Novo centro de transformación intemperie Pía de Ombre, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 19 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/299-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CT Pía de Ombre.

Concello: Pontedeume.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Centro de transformación intemperie

Afeccións

ml aéreo

m2 aéreo

1

A Pía

Labradío

Luis Torre Cabana

9,0 m2

6,86

68,6