Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/427-1).

Expediente: IN407A 2015/427-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT e CT Taraza.

Concello: Valdoviño.

Características técnicas:

Desmantelamento tramo liña eléctrica de media tensión aérea CRN-708A, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,440 km, coa orixe no CT Gándara (expediente 27921), en condutor
LAC-28 mm2 Al para retirar e final no CT Tarza (expediente 7372) para reformar.

Liña eléctrica subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,589 km, coa orixe no CT Gándara (expediente 27921), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no CT Taraza (expediente 7372) para reformar.

Reforma centro de transformación Taraza (expediente 7372) cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 19 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña