Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de incoación de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por descoñecerse o domicilio de notificación da interesada (expediente OU-2015/00043).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao descoñecerse o domicilio de notificación da interesada que se indica a continuación, notifícase á persoa que no anexo se menciona, que resolvo publicar por este medio, que se ditou resolución de incoación de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, así como de emprazamento para trámite de audiencia, co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense, para que, de ser o caso, poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que consideren procedentes, durante un prazo de quince días desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 19 de novembro de 2015

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

NIE

OU-2015/00043

Hilda Faviola Genao de Olivo

Y2711733R